En Cumio apostamos pola prevención, por esto, unha visita temperá de nosos peques ao odontopediatra é fundamental.

Baseamos as nosas visitas nunha relación triangular, na que somos participes os odontólogos, os pais e nais e os nen@s. Para iso, na primeira visita realizamos unha pequena entrevista para coñecervos, tendo enconta a idade do neno, os seus hábitos alimenticios e as súas experiencias previas en consultas médicas e dentais.

PREGUNTAS FRECUENTES

CANDO DEBO LEVAR A MEU FILL@ AO ODONTOPEDIATRA?

Recomendamos realizar unha primeira visita cando erupcionen os primeiros dentes temporais, é dicir, entre os 6 e os 12 meses. Pide a túa cita en Cumio! Poderemos valorar posibles patoloxías, familiarizamos ao neno ou nena co ambiente da clínica e darémosche as pautas para seguir para conseguir unha hixiene oral correcta.

PODEMOS PREVIR AS CARIES?

SÍ. É moi importante manter a saúde dos primeiros dentes. As caries que non se tratan, en moitas ocasións, provocan patoloxías que afectan os dentes permanentes que están en formación. Lembra sempre que os dentes de leite son a guía para os dentes permanentes. Esquécete do mito: “para que imos tratalos, se se van a caer”.

DÉBENSE TRATAR OS DENTES DE LEITE?

A resposta é si, e para iso debemos usar todos os recursos que temos á nosa disposición, en Cumio guiarémosvos durante este proceso, desde os máis peques nos que vos ensinaremos a utilizar gasas húmidas para limpar as enxivas, ata nenos máis maiores nos que debemos conseguir hixiene óptima mediante cepillos e pastas adecuadas. Unha vez que erupcionen moláselos definitivos, recomendamos realizar unha selaxe de fosas e fisuras para previr a posible aparición de carie. A hixiene dental correcta desde etapas temperás é a mellor arma para previr a carie.

O MEU FILL@ TIVO UN TRAUMATISMO DENTAL. QUE FACER?

Recomendámoste que acudas á clínica canto antes para que poidamos valorar os danos que se produciron tanto no dente como nos tecidos que o rodean ( enxiva, ligamento periodontal, beizos…). Lembra sempre que se se produciu unha avulsión, é dicir, o dente saíu totalmente da súa posición, debes suxeitalo sempre pola coroa NUNCA pola raíz e mantelo nun medio líquido. Non recoloques nunca o dente no seu lugar, esto en dentes de leite está totalmente contraindicado e poderías producir danos no dente permanente.

A NOSA WEB

AS NOSAS REDES

OS NOSOS HORARIOS

Luns – Xoves:  9:30–13:30, 16:00–20:00
Venres:  9:00–17:00

Muchas gracias por contactarnos

Te responderemos con la mayor brevedad posible, dentro de nuestro horario laboral.

Lunes – Jueves:  9:30-13:30 , 16:00-20:00

Viernes:  9:00-17-00

¿Quieres saber más sobre nuestros servicios?

Nuestras redes

Pedir cita
¡Reserva tu cita!
Estaremos disponibles de:
-Lunes a Jueves: 9:30–13:30, 16:00–20:00.
-Viernes: 9:00–17:00